construyendo tu futuro

Alvite González. Construíndo o teu futuro dende o 2007.

Dende a “explosión” da burbulla inmobiliaria as empresas de construción foron desaparecendo. Con todo, Construcións Alvite González é un fillo dese acontecemento. A esixencia dos clientes comezou a mudar de cara á mellor execución denantes que a celeridade na finalización da obra. Onde antes querían unha vivenda bonita, económica e rápida, comezaron a buscar unha obra duradeira e ben executada. Velaí estaba Construcións Alvite González que comezou a súa andanza no 2007, poñendo por diante a calidade dos materiais e o estudio pormenorizado de cada caso, prestando sempre especial atención aos illamentos e impermeabilizacións.

Arranxar as desfeitas da construción masiva foi o principio da andaina de Alonso Alvite, actual xerente da empresa, que viña de ser xefe de obra nunha desas empresas de grandes edificacións e decidiu continuar pola súa conta por esa diferente filosofía que rexía a súa forma de traballar incompatible coas esixencias da empresa naqueles anos.

Dende que comezou como Construcións Alvite González a meirande parte dos seus clientes son do boca a boca, clientes satisfeitos que son os seus mellores “comerciais”. Orgulloso deste logro, o equipo continuará traballando para que así se manteña moitos anos máis.

Se queres construír o teu futuro só tes que poñerte en contacto con nos, e faremos realidade os teus soños.