Dende a “explosión” da burbulla inmobiliaria as empresas de construción foron desaparecendo. Con todo, Alvite González é un fillo dese acontecemento. A esixencia dos clientes comezou a mudar de cara á mellor execución denantes que a celeridade na finalización da obra. Onde antes querían unha vivenda bonita, económica e rápida, comezaron a buscar unha obra duradeira e ben executada.